MOSTRA

Xinzo acolle dende hoxe a mostra da Universidade 
“25 anos despois"

Esta mostra xa estivo con anterioridade na cidade de Ourense e nas vilas de Ribadavia, A Rúa e Verín

A Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia acollerá a partir de hoxe a exposición "25 anos máis", organizada pola Universidade de Vigo co gallo do seu 25 aniversario. Esta mostra xa estivo con anterioridade na cidade de Ourense e nas vilas de Ribadavia, A Rúa e Verín.

A exposición está integrada por 25 paneis, nos que outros tantos persoeiros destacados vinculados con Ourense responden á pregunta "Que pode ou debe achegar a Universidade de Ourense nos vindeiros 25 anos?". Ademais, os paneis aportan datos sobre o presente do campus de Ourense e ilustracións dos lugares máis destacados da zona universitaria.n
 

Te puede interesar