A Limia

Xinzo Adiante defende as prazas de enfermeira no centro de saúde

Considera XA que "os recortes son crueis, pero sono máis cando afectan ao ben máis prezado que temos, nos nosos nenos"

 O grupo municipal Xinzo Adiante (XA)presentará unha moción urxente no vindeiro pleno municipal, pola que esixe á Consellería de Sanidade que manteña as dúas prazas de enfermería pediátrica que o centro de saúde de Xinzo.


Considera XA que "os recortes son crueis, pero sono máis cando afectan ao ben máis prezado que temos, nos nosos nenos", polo que "exhorta aos cidadáns a mobilizarse contra o novo experimento en forma de recortes que o Sr. Feijóo quere perpetrar na Limia"

Te puede interesar