Xinzo reclama ser posto principal da Garda Civil

undefined
photo_camera Membros da Corporación local coas forzas de seguridade.
Unha vintena de oficiais da Garda Civil mantiveron un encontro de traballo en Xinzo -presidido polo tenente coronel, Rafael López Pinel-. Logo, reuníronse con axentes da Policía Local de Xinzo, así como coa alcaldesa, Elvira Lama e membros da Corporación local. 

A xuntanza comezou pola mañá no salón de plenos da Casa Consistorial e nela puxéronse sobre a mesa datos de interese para coñecer de maneira exhaustiva o territorio e as súas principais necesidades. 

A alcaldesa limiá quixo, ao remate do encontro, reiterar a demanda de que Xinzo se convirta en posto principal de mando da Garda Civil xa que, na actualidade, depende do posto principal de Celanova. Ademais, felicitou ao tenente coronel pola iniciativa de celebrar esta reunión de coordinación en Xinzo. 

Os gardas civís tiveron a oportunidade de realizar unha visita ao Museo Galego do Entroido, na que estiveron acompañados, ademais de pola alcaldesa de Xinzo de Limia, polos concelleiros Amador Díaz, Ramón Gómez e Rafa Penabad.

Te puede interesar