Xinzo sumará 400 prazas de aparcamento disuasorio

aparcadoiro2
photo_camera O futuro aparcadoiro da avenida de Celanova.
As obras na avenida de Celanova avanzan a “bo ritmo”, tal e como precisaron dende o Consistorio

O novo aparcamento público e gratuito da avenida de Celanova de Xinzo, que contará con 25 prazas, está a piques de rematarse. Con el e tralo acondicionamento doutras 250 prazas por mor das obras nas rúas Sitibal e Cepetal, e outro cento no parking de Curros Enríquez, a vila contará con preto de 400 aparcamentos disuasorios na súa zona céntrica. 

As obras na avenida de Celanova avanzan a “bo ritmo”, tal e como precisaron dende o Consistorio, e está previsto que rematen nos próximos días. Serán, en total 1.025 metros cadrados os que se porán a disposición dos veciños e visitantes e o espazo contará con iluminación LED.

A posta en marcha destes aparcadoiros gratuítos enmárcase dentro do Plan de Mobilidade e Accesibilidade do Concello, que pretende eliminar barreiras e facer da vila un lugar “máis cómodo e atractivo”.

Te puede interesar