Xinzo terá un decálogo de boas prácticas co lixo

campaña
photo_camera Unha das mensaxes da anterior campaña que aínda se poden atopar na vila.

O Concello habilitou un novo número para a retirada de voluminosos

Dende o Concello de Xinzo lamentan que as rúas da vila non sempre estean “libres de suciedade” polo que, para darlle a volta a esta situación e mellorar a imaxe do pobo, dende o Consistorio engadirán á ordenanza de boas prácticas veciñais que contempla horarios para deixar o lixo -entre outras indicacións- un decálogo co que se pretenderá optimizar o depósito de residuos nos contedores. O documento, que xa está en fase de redacción, completarase cunha nova campaña de concienciación. 

Por outra banda, o decálogo incluirá tamén recomendacións sobre o uso dos contedores, fomentando a reciclaxe e ofrecendo información sobre a mellor forma de separar os residuos. Do mesmo xeito, recordarase no documento a existencia de recipientes específicos para pilas ou roupa, ademais da dirección ou o contacto do punto limpo de Xinzo. Neste senso e segundo informaron dende o Consistorio,  acábase de activar un novo número de teléfono -661 724 481- para solicitar a retirada de materiais voluminosos. Este tipo de residuos poderanse depositar nestas instalacións acondicionadas para tal fin todos os mércores e xoves dende as 17,00 horas ata as 19,00 horas e o sábado, de 10,00 horas a 14,00 horas.

COLABORACIÓN

O goberno local pediu colaboración para todo o anterior e lembrou que “cada contedor ten unha fracción resto para a súa recollida selectiva e todo o que non estea no seu interior non se considera entregado ao xestor dos residuos”. Do mesmo xeito, reiterouse a obrigatoriedade de depositar os residuos nos contedores a partir das 20,00 horas e nunca despois das 07,00 horas . Tamén está prohibido o desprazamento dos colectores.

Te puede interesar