Axenda Cultural

Ao Compaz, a cita da “música galega"

20180815201045428_result
photo_camera Mounqup, durante a súa actuación o ano pasado, repite como invitada a Saumede.

A oitava edición do Festival Ao Compaz será os próximos días 17 e 18 de agosto en Saumede, para "revivir o rural galego"

A aldea de Saumede, no concello de A Bola, acolle unha nova edición do Festival Ao Compaz, que se celebrará os días 17 e 18 de agosto. 

O proxecto de Saumede comezou en 2010 cando "varios amigos de Francia e Galicia decidiron arrancar o proxecto de rehabilitar espazos abandonados no rural", explica Camille Hédouin, unha das organizadoras. A súa labor en Saumede, unha aldea que estaba totalmente abandonada, pasa por "readaptar os seus edificios así como por fomentar o seu plano cultural", sinala Camille. 


Neste contexto foi como xurdiu a idea de crear un espazo no que dar a coñecer a "grupos galegos, con estilos musicais diferentes e definidos por unha cultura alternativa", indica a voluntaria.


O venres, primeiro día do festival, "predomina un estilo máis electrónico e trap, como Alarido Mongólico ou BoyankA KostovA, mentres que a xornada do sábado céntrase máis no rock", sinala Camille. Ademais de diferentes bandas musicais, no festival Ao Compaz danse cita artistas como Nuria Sotelo, que levará ao rural de A Bola o seu "espectáculo de danza contemporánea". 


Outra actividade que acolle o evento é un "taller de plantas medicinais", que combina coa filosofía de Saumede de "sensibilizar á xente para que se responsabilice co coidado ao medio ambiente.


De feito, todo o público que acude aquí contáxiase desa enerxía  respetuosa", explica a organizadora, quen proxecta "seguir fomentando a cultura galega, así como a devolverlle a Saumede parte da súa historia".

Te puede interesar