Cita coa Miteu máis combativa
Axenda cultural
A Mostra de Teatro Universitario de Ourense arranca a súa 25ª edición na que durante quince días compañías internacionais presentarán as súas propostas
Ourense ten esta noite unha importante cita coa cultura coa nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU). Durante quince días os ourensáns terán a oportunidade de asistir á presentación dos espectáculos de compañías profesionais e universitarias de diferentes países e comunidades.
A deste ano é unha edición moi especial na que a Miteu celebra os seus 25 anos de historia. "Será unha edición que invita á reflexión sobre o medo e como pode chegar a coartar liberdades. Trátase dunha advertencia sobre como o medo nos pode levar a vivir baixo sistemas fascistas", sinala Fernando Dacosta, fundador da Miteu.
A pesar da situación actual derivada da crise do coronavirus "e á reducción de orzamentos por parte do Concello", a Miteu conseguiu volver aos escenarios mantendo o seu espírito. "Será unha mostra máis pequena que a de edicións anteriores, pero habrá presenza internacional", apunta Dacosta. Compañías de Guinea, Italia, Arxentina e Portugal presentarán as súas propostas culturais en Ourense, onde compartirán cartel con compañías de Galicia, Euskadi, Navarra, Andalucía, Madrid ou Castela e León.
"A mostra supón un cúmulo de coñecementos: por unha parte, a cidade entra en contacto con diferentes realidades, mentres que por outra, Ourense dase a coñecer a través destes eventos culturais", explica Dacosta: "Trátase dun teatro comprometido no que se escoitan aquelas voces acaladas".
Sinala o seu organizador que esta será unha edición marcada por "propostas variadas que pasarán dende o teatro de rúa ao circo, pasando pola danza, música ou mesmo ao humor". A mostra inaugúrase esta noite no Teatro Principal co espectáculo "Electra e un enxame de moscas", representado pola aula universitaria de Ourense.
Lugar: Teatro Principal de Ourense
Hora: hoxe, 2 de xullo, ás 21,00 horas
Entrada: 3 euros
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PREFERENTE FUTGAL
Derbi de urgencias en Oira entre Cented y Sporting Celanova
PREFERENTE FUTGAL
El Arnoia afronta un duelo directo frente al Cultural Areas
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Carnaval en la nieve
UN ESPECTÁCULO
Arón del Maceda rompe el sopor (1-0)