Agenda

As promesas de Blanco Palamera

Agenda

concierto

As promesas de Blanco Palamera

Imaxe promocional Blanco Palamera.
photo_cameraImaxe promocional Blanco Palamera.
"El Pueblo Café Cultural" acolle o sábado a sesión vermú do MUSGO, un evento musical que contará coa actuación do grupo compostelán Blanco Palamera.  

Xoan Domínguez e Manuel Blanco son dous composteláns de 21 anos que agora viven en Madrid. Ambos son os integrantes do grupo Blanco Palamera, que forman parte do cartel do MUSGO, un evento musical integrado no programa "O teu Xacobeo", impulsado pola Xunta, e que terá lugar este sábado no El Pueblo Café Cultural no que será a sesión vermú xunto a Yana Zafiro, que actuará a unha da tarde. 

Os dous coñécense dende os 14 anos. "Tiñamos as nosas bandas e xa tocábamos xuntos dende aquela. Fumos pasando por un proceso ata que fai un ano xurdiu Blanco Palamera", explica Domínguez. Un grupo que neste 2019 publicou o disco "Promesas", do que afirman estar "moi contentos e súper agradecidos pola acollida". "Foi moito traballo e a recompensa está sendo bonita. Non hai nada que describa esa sensación", engade. 

Sobre a súa actuación sinalan que irán en formato trío. Con eles estará ao baixo Sebastián Hernández. "Intentamos que cada directo sexa unha experiencia única" explica Xoan, que estará na batería. "Faremos unha reinterpretación dos temas para facer un directo que é algo efímero e no que hai que desfrutar facer que cada vez sexa única". En Ourense tentarán que sexa "especial". 

Chegan dispostos a facer disfrutar ao público ourensán "con música sincera e bonita" tras disfrutar tocando en eventos coma o Sin Sal e con concertos en salas como a Matadero. O sábado, subirán a un escenario no que tamén estará Yana Zafiro. n

Lugar: El Pueblo Café Cultural

Fecha y hora: 14:20

Más en Agenda

Agenda

Las mezclas de Baiuca

Baiuca, el proyecto diseñado por el gallego Alejandro Guillán, tocará este sábado en la praza de Saco y Arce dentro del festival Musgo