ESTRENO DE PARQUE MULTIAVENTURA
Parque Acuático de Monterrei 2026: nuevas atracciones, fechas y precios para este verano
axenda
O Liceo acolle esta mañá a presentación da peza do mes da Fundación Otero Pedrayo, que neste mes de maio será o exemplar de "Ulises", que pertenceu a Otero. Pablo Sánchez Ferro, director do Arquivo Provincial, asegura que trátase dunha peza de "moito valor simbólico", tanto "para a Fundación como para a cultura galega".
Unha novela do escritor irlandés publicada en 1922 e da que Otero Pedrayo fixo unha tradución parcial no ano 1926. Sánchez Ferro explica que o paso do texto ó galego foi "bastante precoz" e que se fixo nunha época na que os membros da revista Nós, que tiñan nese momento unha "conciencia nacional bastante potente", miraban moito á literatura de Irlanda, que no 1922 independizárase do Reino Unido. Para Nós aquela literatura era "un espello no que mirarse" para "a reafirmación da cultura galega".
Os fragmentos da obra de "Ulises" traducidos por Otero Pedrayo pasaron "a incorporarse ó imaxinario galeguista", sinala Ferro, que afirma que dende aquel momento é un "símbolo da entrada da cultura galega á modernidade, á xeración da vangarda literaria europea".
Aínda que no 2013 publicouse a tradución completa de "Ulises" en galego, o Consello da Cultura Galega incorporou no 2016 o exemplar de Otero Pedrayo na exposición "100 obxetos para contar unha cultura", na que estaban pezas simbólicas da cultura da nosa comunidade "dende a perspectiva institucional".
Lugar: Liceo
Horario: hoy, sábado, a las 13 horas
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESTRENO DE PARQUE MULTIAVENTURA
Parque Acuático de Monterrei 2026: nuevas atracciones, fechas y precios para este verano
MOVILIDAD INTERPROVINCIAL DIARIA
Ourense registra más de 38.000 desplazamientos al día hacia otras provincias
MECANISMO FINANCIERO
Nueve concellos ourensanos acuden al fondo estatal de pago a proveedores
Lo último