ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
A tecnolóxica galega Xoia Software Development e o Concello de Baños de Molgas presentan hoxe, ás 10,00 horas, na explanada da Antiga Estación de Ferrocarril, unha aplicación de realidade aumentada para poñer en valor os recursos turísticos e patrimoniais do municipio. Esta aplicación guiará aos turistas e visitantes polos recursos patrimoniais e turísticos do municipio así como pola súa historia, dende A Burga pasando polo Castro de Acea ou o propio Museo Moncho Borrajo, entre outros.
Esta APP, denominada Visita Molgas, está dispoñible de balde para Android e iOS e guiará, mediante GPS, ao visitante ata os distintos puntos de referencia. Unha vez chegados a cada un deles, enfocando coa cámara do dispositivo móbil ás peanas instaladas, os usuarios poderán ver e escoitar como Nymphis, a nosa guía particular en realidade aumentada, protagonista da historia do concello, explica a súa historia a través de animacións 3D, reconstruccións arqueolóxicas e monumentos reproducidos con fotogrametría – copias hiperrealistas virtuais do patrimonio real–, creando así unha experiencia interactiva, inmersiva, pedagóxica e divertida, que permitirá aos visitantes de Baños de Molgas, empaparse da súa historia dunha maneira única.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
Lo último