FESTA DO BOI

Tres bois bravos pecharon a festa nas rúas de Allariz

OURENSE. 22.06.2014. ALLARIZ, ULTIMO DIA DE CELEBRACION 'FESTA DO BOI' FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera A xente escapando do boi na última xornada de festa. (MIGUEL ANGEL)

Un dos animais diu un bo susto ó rasgar a camisera dun rapaz ó que finalmente non causou feridas, tamén houbo algunhas caídas e rasguños

Unha xornada moi concurrida a de onte en Allariz puxo o broche de ouro a esta nova edición da Festa do Boi, que se iniciaba o pasado 14 de xuño, organizada pola Asociación Xan de Arzúa. Desde o mediodía a animación nas rúas foi en aumento, ambientadas por a Treaboada Zés Pereiras e pola charanga Sugarri, aínda que o protagonista volveu a ser una vez máis o boi coa primeira carreira que tiña lugar ás 13,45 horas.

E nada mellor para despedir estes intensos días de carreiras polas rúas e festa ca un maratón final no que participaron tres bois, xa que se descartou o cuarto, porque tal e como apuntaba o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, "todos son bravos, pero este un pouco máis e xa se viu o luns que non era adecuado para correr". Deste xeito, apenas se produciron incidentes, só un pequeno susto con un rapaz ó que o animal lle rasgou a camiseta cun corno, pero sin causarlle feridas. Polo demais, como é habitual, caídas e pequenos rasguños foron as únicas incidencias.

Te puede interesar