O Rexo faise grande
Cos primeiros lotes de queixo do ano xa no mercado alaricano, novas variedades, unha tenda con degustación e a intención de duplicar a produción, así comeza “o curso” a Queixería do Ecoespazo do Rexo, en Allariz.
As horas pasan amodo no Ecoespazo do Rexo: O burro Pancho, un gatiño, as ovellas “latxas” e as pitas conviven co persoal que traballa na queixería, coida dos animais e, dende este mes de marzo, recibe aos visitantes nun espazo gastronómico no que é posible mercar produto de proximidade e degustar, entre outros, o bo queixo alaricano.
O 2023 presenta grandes desafíos para a familia do Rexo. Un deles pasa por ter queixo disponible para a venda durante todo o ano. Os primeiros lotes de Queixo do Rexo -dunhas trinta unidades cada un- xa están no mercado e, en formato de tres quilos -outra das novidades que mestura leite de vaca e de ovella-, poderanse adquirir por primeira vez este sábado no Mercado da Reserva da Biosfera. Levará por nome Queixo da Corga, en alusión ao terreo que presenta una pendente pronunciada e que desemboca no Arnoia.
O persoal alaricano tamén afina as primeiras probas do Queixo Torneiros -na honra da ubicación da gandeiría de Ecoleia, empresa coa que se colabora para facer este produto-, elaborado con leite de vaca e en formato de medio quilo. A previsión é chegar este ano aos 10.000 quilos de queixo elaborado, unha cifra que duplicaría a contía do ano anterior: 5.000 quilos de queixo. “Este incremento producirase, principalmente, pola introdución de leite de vaca”, explicou Héctor Vaquerizo, traballador do Rexo. “As ovellas producen leite dende febreiro a xullo, o resto do ano non se facía queixo. Nesta ocasión procesaremos leite de vaca tamén”, engadiu.
Para facer un quilo de queixo de ovella, no Rexo precisan ao redor de sete litros de leite. No caso do queixo elaborado con leite de vaca, que ten menos grasa, a cifra é 10 litros. Ambos se traballan en cru.
Malia este incremento de produción, a filosofía continúa sendo a venda local: “Outros anos, máis da metade da produción vendeuse en Allariz. O resto foi a outras partes de Galicia, sobre todo, tendas gourmet e de alimentación”, asegurou Vaquerizo. “Este ano queremos incrementar a venda local en Allariz, tamén coa nova tenda que temos. Para nós mellor, aínda que tamén somos conscientes de que ao incrementar a produción posiblemente haxa que facer o mesmo coas canles de comercialización”, engadiu. Adquirir e degustar Queixo do Rexo tamén é posible nas visitas guiadas que ofrece Xeitura polo propio Ecoespazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
PARA CHUPARSE LOS DEDOS
El CHUO presenta sus tradicionales menús de Navidad
PRISIÓN PROVISIONAL SIN FIANZA
Detenida en Ourense por prostituir a su hija a cambio de dinero para droga
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
INFORME JURÍDICO
O Barco ya logró la relación de puestos de trabajo propia