VIVENDA

Paderne dispón de máis vivendas para maiores

A Xunta fixo un investimendo de 200.000 euros para estas dotacións ubicadas en Rioseco

A conselleira de Política Social, Fabiola García, inaugurou unhas vivendas sociais de atención a persoas maiores en Paderne de Allariz, cun investimento de  200.000 euros na rehabilitación destas casas antigas situadas na aldea de Rioseco.  A conselleira, que estivo acompañada do director xeral de Agader, Miguel Pérez Dubois, e da delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, destacou a "importancia de iniciativas coma esta nas que se incentiva a recuperación do medio rural ao mesmo tempo que se ofrecen servizos para as persoas maiores que viven nestes lugares". 

Fabiola García sinalou que estas vivendas "facilitarán a 12 persoas maiores unha atención de calidade nun enclave natural". Mediante esta iniciativa, impulsada pola empresa Rioseco S.L., rehabilitáronse varias vivendas antigas cun patio común, "un proxecto que comparte o obxectivo do Goberno galego de achegar os servizos ao medio rural para que sexan as persoas maiores as que decidan onde e como pasar esta etapa das súas vidas". Neste sentido, a conselleira lembrou que a Xunta de Galicia "ofrece diferentes programas para mellorar as prestacións ás persoas maiores no rural como o xantar na casa, que achega menús diarios a persoas que viven soas; ou o servizo de axuda no fogar, que atende a máis de 20 veciñas e veciños de Paderne de Allariz".

Te puede interesar