O polígono agroforestal de Paderne de Allariz ocupará 43,46 hectáreas

A finalidade desta iniciativa  é a volta á produción de grandes áreas de terra

No marco da Lei de recuperación da terra, a Xunta de Galicia, en colaboración co propio Concello de Paderne, está informando aos seus veciños deste proxecto que ocupará unha extensión de 43,46 hectáreas e para o cal a Consellería do Medio Rural está desenvolvendo un proceso de investigación da titularidade das 317 parcelas que conformarían o futuro polígono.

A finalidade desta iniciativa  é a volta á produción de grandes áreas de terra que acadaron, co tempo, un estado de abandono.

Te puede interesar