Os alumnos do Instituto participan nun roteiro fluvial

Os alumnos do Instituto Aquis Querquenis de Bande participarán hoxe nunha saída formativa para coñocer a importancia da conservación dos ecosistemas fluviais e os obxectivos e metodoloxía do Proxecto Ríos.
A iniciativa de educación e voluntariado ambiental está promovida pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) e financiada por Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio.
A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
Dende a asociación ecolóxica Adega informan que, durante esta campaña de primavera 2013, están programadas saídas formativas con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, asociacións, grupos ecoloxistas,...). Actividades que contarán coa colaboración da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Te puede interesar