Dez proxectos compiten por executar as obras de urbanización na aldea de Puxedo, en Lobios

PLAN HURBE

A Xunta trasladou que recibiu dez ofertas para levar a cabo as obras de urbanización de dous espazos da aldea de Puxedo

Publicado: 21 oct 2024 - 16:51 Actualizado: 21 oct 2024 - 17:54

Una cubierta recuperada con teja en Puxedo, Lobios, dentro del plan Fermosismo de la Xunta de Galicia.
Una cubierta recuperada con teja en Puxedo, Lobios, dentro del plan Fermosismo de la Xunta de Galicia.

A Xunta vén de recibir dez ofertas de empresas para executar as obras de urbanización de rúa na Vila e praza de San Antonio en Puxedo, en Lobios, cun investimento de preto de 148.000€.

As actuacións executaranse ao abeiro do Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas. Segundo o convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello, a Administración autonómica asumirá o 70% do orzamento e o Concello de Lobios achegará o 30% restante.

A intervención centrarase na mellora dun camiño que entronca cunha estrada provincial na zona de Puxedo. O obxectivo é humanizar a rúa e a praza mediante a mellora da pavimentación existente. Coa intervención, a contorna de protección manterá os seus valores ambientais, de modo que as actuacións que se levarán a cabo serán harmoniosas, integrándose os materiais, os sistemas construtivos e cromatismo.

O Plan Hurbe que desenvolve o Executivo autonómico contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade como motores de dinamización, ao converterse en puntos de localización dun importante número de servizos públicos e privados que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.

Contenido patrocinado

stats