BOICOT ÓS ACTOS o día da república en ourense

O 14 de abril, Día da República, cando a cidadanía que apoia á República e á Liberdade chegamos ao cemiterio para lembrar e homenaxear os nomes das persoas asasinadas polo fascismo durante a guerra civil en España, atopámonos con que a placa cos nomes destes loitadores fora 'tuneada ' e vilipendiada polos fascistas de hoxe, tan acomplexados da súa ideoloxía que esconden os seus rostros e actúan con nocturnidade: covardes. Esta ultaxe non nos sorprende, os fachas son así. Deles espérase este comportamento e outros peores, coñecidos son.
O que sí sorprende e o trato recibido dende o goberno bipartito do Concello. Dúas das súas concelleiras, Medio Ambiente e Cultura, segundo se deduce do seu comportamento, fixeron todo o posible, por activa e por pasiva, para boicotear e impedir os actos programados en torno a esta data. O concerto Rock-Pública non se levou a cabo porque aos organizadores (Xuventudes Comunistas) non se lles proporcionou a infraestructura apalabrada nin un lugar. Segundo a concelleira Marta Arribas non podía ser na Praza de San Martiño, como o ano pasado, porque 'un veciño' protestou. Se o que primara foran as protestas veciñais, moitos bares terían que estar pechados e os cidadáns que foron expulsados do Posío e ninguneados o 'Día da Bici' terían entrado no recinto... poque miran que protestaron con contundencia e, a día de hoxe, continún a facelo.

A Banda de Música non entonou este ano polas rúas da cidade o 'Himno de Riego' como ven sendo habitual nos pasados anos, pese a que esta actuación estaba apalabrada coa concelleira de Cultura, Isabel Pérez. Ao mellor a estas señoras concelleiras non lle gustou o grande éxito de participación cidadá en ambolos dous eventos o ano pasado, vaian vostedes a saber por qué... E a todo esto o alcalde socialista, 'missing'. Pode que estivera nunha procesión ou acto relixioso aos que adoita ir (como alcalde) acompañando ao bispo de turno.

Señoras e señores do bipartito, vostedes pasarán, perdan coidado. Outras e outros políticos ocuparán os cargos que vostedes ostentan, pero a República e o seu espíritu democrático e libertario permanecerán. A loita por un estado republicano, laico, federal, solidario e feminista avanzará. A República está viva na memoria e na semente, na loita das nosas fillas e fillos e as xeneracións vindeiras. En definitiva, o futuro é noso.

Te puede interesar
Más en Cartas al director