o cambio climático

O cambio climático avanza, ameazando o presente e o futuro da humanidade, nomeadamente da máis desfavorecida. A responsabilidade na loita contra a crise climática parte dunha crise ambiental global máis ampla, cabe maiormente aos países desenvolvidos, que pouco fan para a asumiren. Galicia non é unha excepción. As nosas emisións por habitante de gases causantes do cambio climático son superiores ás do conxunto de España e da UE. Pero mentres na nosa contorna as emisións diminúen, no noso país aumentaron nos últimos anos.
Aínda que a crise económica fixo descender o consumo de enerxía, as emisións desde o territorio galego disparáronse durante 2011 e 2012. A razón non foi outra que o incremento da xeración eléctrica con carbón, con moita diferenza, o combustible fósil máis prexudicial para o clima. Entre 2010 e 2012 a produción das sucias e ineficientes centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama máis que duplicou. Perdemos o liderado eólico para substituílo por un carbón importado desde países como Indonesia ou Sudáfrica, onde seguramente é extraído con altos custos socioambientais que non se refliten no baixo prezo pagado polas multinacionais. 'Centrais de morte', en palabras do científico climático James Hansen, exdirector do Instituto Godard da Nasa, das que deberiamos prescindir canto antes.

Te puede interesar
Más en Cartas al director