crer y pensar merece a pena

Encendemos un pitillo, e cremos, parvos de nós, que a vida ten un sentido.
Esto cremos os que tan só temos o acceso os pequenos luxos (vicios) da vida. E aquí estamos, mirando o ceo, esperando unha salvación estúpida. Sentámonos na herba, e sentimos o sol, o agridoce olor das cousas, e pensamos, ¡que afortunados! Tumbámonos a ver as estrelas, que pequenos no mundo; que importantes nel. E as estrelas parecen querer guiarnos, e nos... Cremolo! Miramos o amor, o amor! que cousa tan bonita... que cousa tan hermosa! A nosa primeira e última esperanza. E cremos e pensamos e sentimos todo isto, porque na frustración, sabemos que a vida algo de sentido debe ter. E nos cremos importantes, e confiamos en algo máis! e será mentira... Pero crer e pensar e sentir deste xeito fai que mereza a pena.

Te puede interesar
Más en Cartas al director