O ESCUDO, CASTELAO, e as revoltas

O escudo de Galicia que fixo Castelao ten unha estrela vermella no centro, arrodeada dunha fouce e desta lenda: 'Denantes mortos que escravos'.
Arroupando todo, unha serea mitolóxica. É a unión do mundo labrego e mariñeiro. Está claro que é unha incitación á rebeldía colectiva, incluso á revolta popular. Era a época da independencia de Irlanda. E a época de Hitler, de Franco, da revolución rusa, de Stalin... Unha época na que o pacifismo de Gandhi non era alternativa, pois te mobilizaban á forza ou te asasinaban. Neste contexto, Castelao invoca o dereito á lexítima defensa do pobo. Porén as únicas revoltas xerais que houbo en Galicia foron as dos irmandiños, que acabaron mal, e a que tivo lugar contra as tropas francesas de ocupación, que acabou ben, porque foi unha revolta en todo o Estado español.

A reforma laboral e o paro pode incitar a algunha xente á revolta, no entanto a revolta máis xusta e intelixente é a pacífica. Algúns pensarán que estou domesticado, porén eu coido que menos é máis. Só se a CIG se une aos demáis sindicatos a protesta pode ter posibilidades de éxito.

Te puede interesar
Más en Cartas al director