os estragos do lume nas veIgas da saínza

Neste caluroso e estrano outono, o lume está facendo estragos na ex-verde Galiza, e tocoulle tamén o meu pobo: A Saínza.
O que comenzou sendo un pequeno lume fácil de controlar, pois era nas Veigas, un lugar cheo de pistas e camiños, acabou arrasando unha paraxe extremadamente valiosa, tanto pola sua beleza coma polo seu valor agrario e ecolóxico. É duro e triste ver coma os veciños contemplan o lume coma si non fose con eles, e só se poñen algo nerviosos si se aproxima ás casas (cousa que casi ocurriu). Triste tamén ver como os brigadistas pasan de todo e deixan arder ate as pistas, e non prestan material á xente disposta a axudar, ríndose incluso dela.

Pero o que máis me indignou é que o alcalde de Rairiz de Veiga (que non fixo acto de presencia a pesares do perigo real que houbo para as casas situadas cerca do lume) non permitiu o uso da motobomba da que dispón o Concello, a pesares do requerimento que lle fixo o tenente de alcalde. Debe ser que este señor, que se cree o dono do material do Concello, considerou que a extinción dun lume é menos importante que a batalla de mouros e cristiáns, onde si se saca a motobomba. Que terra tan fermosa... pero que mágoa de xente.

Te puede interesar
Más en Cartas al director