O galego segue discriminado

É preocupante; eu non son un entendido da política, pero o que vexo é bastante triste. Estou vivindo en Girona e aquí todo está en catalán, e o vexo normal. A semana pasada entrei na páxina de Vivenda para solicitar a axuda, e como eso depende da Comunidade na que resida, estaba claro que en catalán. Entrei na de Galicia e estaba en castelán. ¿Cómo se explica? Agora estou traballando nun centro comercial. En Ourense tamén o facía.
A publicidade, as ofertas e os carteis alí estaban en castelán. Aquí, en catalán. Utilizo o avión e cando teño que ir a Galicia vou nas compañías de baixo coste. Cando chego a Santiago, as linguas usadas son o castelán e o inglés. Cando vimos para Barcelona, as linguas son catalán, castelán e inglés. Paréceme que hai certa discriminación do galego, ¿non? Moralexa: nin a Administración nin as empresas nos toman en serio.

Te puede interesar
Más en Cartas al director