GRACIAS, MANOLO, POR TER A FESTA DA SALETA

Dende Cea, a miña terra, quero facer algunhas reflexións/comentarios sobre o que sucedeu este ano coas nosas 'Festas da Saleta'. Sobra dicir que para os ceanos e para moita xente do noso concello, a Saleta é a festa grande, a festa das festas, a de profunda raigame, a festa por antonomasia, a festa con maiúsculas, ou sexa, a festa total. Salientar que os de aquí, nestes días, perdemos un pouco a noción do tempo porque é A Saleta.
Vaia por diante que eu son un firme defensor das nosas festas tradicionais: con elas disfrutamos das xuntanzas familiares, das comidas, dos encontros cos amigos e amigas, da xente que nos visita, da ledicia dos rapaces, dos mozos e mozas e da xente maior; cada quen pasándoo ben á súa maneira; sexa nos actos relixiosos, nos concertos das bandas, cos bailes das orquestras, nas atraccións dos feirantes? digo, a ledicia é total. Todo isto non se pode valorar en parámetros económicos, penso, é máis, non hai cartos que o paguen. Pois ben, este ano, veciños de Cea, de non ser por Manolo, sí, Manolo o carniceiro, quedaríamos orfos de moitas cousas. Para min a festa é un todo: os actos relixiosos na honra do Santo/a e tamén os concertos e bailes, as alboradas e as verbenas? No eido relixioso, don José, o párroco, cumple tódolos anos coa novena moi concurrida e coa celebración das procesións e misas o domingo e luns da Saleta. ¡Verdade que nos gusta disfrutar dunha boa banda (este ano 'a Lira de Ribadavia e maila de Muimenta') tocando nas procesións, asistir ós concertos de mediodía e da tarde na Praza Maior,continuar cos bailes das orquestras, entre outras, Compostela, Poceiro, Satélites?! por certo, tamén hai outras músicas, máis aló de Panorama, París, Olympus?, pois desto último, da parte máis profana, que para min non é tal, pero por chamala dalgunha maneira, a non ser por Manolo (contando con alguna colaboración, sobre todo da súa xente máis próxima, a súa dona e os seus ! fillos) non teriamos nada. Manolo, por certo oriundo do concello arrai ano de Maside, foi capaz de coller o touro polos cornos e organizar as festas da Saleta en dez días; ter catro de festa con sete orquestras, dúas bandas, unha charanga e algún engadido máis. ¡ 'Chapeau' para Manolo! Pero, ¿por qué algúns anos sucede isto? Aquí habería moitas respostas, cada quen tería as súas? mais eu pregúntome: ¿a Concellería de Cultura do noso Concello tivo, ó longo do ano, algunhas xuntanzas con colectivos sociais, empresarios, coa mocidade? animando, apoiando, motivando para que alguén se puxese ó frente da festa? ¿A Corporación Municipal en algún dos moitos plenos que teñen ó longo do ano abordou o tema das festas da Saleta, tanto de parte do grupo de goberno como da oposición? Ollo! non se me entenda mal, non quero dicir que o Concello deba de ter as festas, non é iso, non somos Ourense nin Vigo, pero sí a través da Concellería de Cultura ter máis implicación neste tema, intentando buscar comisións e unha vez conseguidas, apoialas; e non só para as festas da Saleta se non en tódalas que se celebren no concello.

O mantemento das nosas festas tradicionais é parte da nosa esencia colectiva como pobo.

Te puede interesar
Más en Cartas al director