¡MIRA QUE HAI QUE SER BURRO!

n n nVaia por diante o meu respecto por este fermoso e maltratado animal, amigo do home, compañeiro de fatigas e tarefas dos nosos labregos nas leiras e nos camiños. Pero hai cousas nesta sufrida vida que nos arrepían e mesmo nos indignan. E para sinalar o desacougo verbo das miñas inquedanzas como home e tamén animal político e racional que son, vou utilizar as expresións que encol do sustantivo 'burro' recolle o diccionario Xerais da Lingua. Haberá máis acepcións e usos que son ou eran utilizados a cotío, eu somentes farei uso do senso académico que lle da o noso diccionario máis universal.
1).- Cando os teimudos 'mercados', a indolente 'curmá de risco', a crise da débeda soberana e demais caralladas están detrás, ou diante vai tí a saber, de tanta desgraza, empeñados en que desapareza da nosa linguaxe a palabra esperanza, deixándoa nunha estadía metafísica alén das nosas vidas, podemos utilizar a acepción 'Non baixan da burra'.

2).- Cando escoitamos a cotío aos gurús económicos e políticos de un e outro arco da vella parlamentario, cando botan polas súas bocas con alevosía e premeditación, frases, argumentos e despropósitos que son mesmo un insulto á intelixencia, usaremos: 'Palabras de burro non chegan ao ceo'.

3).- A certos imputados en procesos xudiciais de moita sona últimamente que cos seus 'despistes' e 'lagoas de memoria' nas súas declaracións pretenden convencernos de que son cidadáns inmaculados e que a 'xustiza é igual para todos', hai que espetarlles aquelo de: 'Chámalle burro ao cabalo'.

Podería continuar, pero non quero decir máis 'burradas' nin convertirme en un 'burricán' de moito coidado.

Te puede interesar
Más en Cartas al director