Na xubilación de Gabriel Diéguez Domínguez

Sentimentos e saudades levamos no corazón. / As saudades son recordos, os sentimentos amor. / As saudades foron vida, presente noutro momento /Os sentimentos son forza, son a voz que ten alento / Sentimentos e saudades viven no noso interior, / para seguir camiñando na procura da ilusión. / 'Non sei se o tempo pasa por nós, ou se acaso nós pasamos polo tempo?'
O certo é que nada seríamos sen memoria e sen pasado, e polo tanto, sen recordos. Por iso hai momentos importantes na vida das persoas, momentos que marcan un fito. Desta maneira, cando rebuscamos no baúl dás follas arquivadas, descooridas, nas fotos xa esquecidas, lembramos datas, feitos e persoas, e miramos para atrás con certa saudade apreixando recordos que avivan os sentimentos que brotan con forza.

Xeralmente lembramos os mellores e máis felices intres do tempo andado,e facendo un esforzo ate comentamos anécdotas, sabedores de que nin aqueles tempos nin aqueles aconteceres volverán. Pero, aínda que soamente sexa por un momento, as imaxes toman vida e aparecen nídias na nosa retina. As despedidas, os magostos, a faciana dos que xa non están, ás festas, o medrar dos máis cativos. En fin, todos son recordos.

Non sei se o tempo pasa por nós, ou á inversa. Pero o certo é que como actores dun pasado lonxano e recente, ó empezar un novo ciclo na vida afróntamolo sabedores de que nada será igual de agora en adiante. Se acaso será diferente e mellor. En certa ocasión alguén dixo que xubilarse en plenas facultades é pasar dunha vida boa a outra mellor. Pois nos mantemos tal afirmación. Por iso, compañeiro e amigo Gabriel, iste é o noso desexo. Iste é o desexo dos que tivemos a oportunidade de terte tantos anos de compañeiro, de xefe, e sobre todo de cabal e leal amigo.

Non sei se o tempo pasa por nós, ou á inversa. Pero, se todos temos claro que a vida é a búsqueda permanente da felicidade, o paso que agora dás deseguro que che traerá momentos sumamentes felices. E ese é o noso desexo para ti e para todos os teus.

Te puede interesar
Más en Cartas al director