O noso idioma é o noso ser

Na “Galicia Ideal”, como nos chamou Castelao, asistimos abraiados ao debate que, aínda hoxe e unha vez máis, está a darse na Terra, na “Galicia real”, arredor do dereito dos galegos a empregar a súa lingua natural e propia.
Salvando algúns cambios impostos polo inevitable devir do tempo, parécenos estar en xeiras que xa deberían estar superadas.
A lingua é sinal de identidade, pois permite o acceso a unha simbolización plena, a expresar os soños e a utopía. Coa lingua, constrúese e exprésase a identidade individual en relación  dialéctica coa identidade colectiva. 'Un pobo sometido á loita de dous idiomas acaba por non saber expresar o que sinte”. (Castelao)
O Patronato da Cultura Galega de Montevideo, desde a súa fundación, comprometeuse na loita contra a marxinación histórica da nosa lingua, por iso, apoiamos e adherimos a todas as accións positivas a prol da defensa da cultura galega
Non pretendemos desde aquí dar cátedra, nin moito menos, mais debemos lembrar que, como dicía o noso Guieiro “non esquezamos que se somos galegos é por obra e gracia do idioma.”

Te puede interesar
Más en Cartas al director