OS NOVOS PALLASOS

Hai dous tipos de pallasos, os que fan rir aos nenos e sorir aos seus pais, e aqueles que na súa incultura mezclan as cousas sen coñecemento algún. En política tamén hai dous tipos de pallasos. Aqueles que dan máis importancia á estética que á ética, e mezclando estos dous conceptos, acaban comparando o incomparable. Quenes defenden o sistema democrático polo 'formal' olvidándose do fondo son pallasos repugnantes, de esos que dan medo aos nenos. Quéns prefiren defender o fondo, aínda que sexan pallasos de rara estética, son entrañables pallasos, a pesar de que se lles chame antisistema.
Pódese estar de acordo na estética do sistema democrático, votar cada equis tempo, aínda que a representatividade do pobo salga mal parada. Pódese defender o sistema a ultranza, aínda que as consecuencias sexan facer infeliz ao 80% da poboación. As constitucións que definen os sitemas democráticos occidentais, soamente son aplaudidas nestes intres polo seu contido formal: o votar. Pero os pallasos indecentes soamente defenden a forma e se olvidan do fondo: dereito ao traballo, dereito á vivenda, dereito á educación, dereito á saúde...… chamando antisistema a quenes defenden todos estes dereitos; en definitiva, acaban confundindo 'el culo con las témporas', demostrando un total descoñecemento da historia, da política, da filosofía, da técnica, en definitiva, da cultura. O único que buscan é facer méritos para ser cómplices de novas aberracións comparadas ao Gaiás,… que ao mellor é para o único que valen.

(En resposta á columna de opinión do martes, asinada por Alfonso Vázquez-Monxardín).

Te puede interesar
Más en Cartas al director