POBRE ANTONIA

Hoxe día 28 de abril celebramos o día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo. Mal pinta cando temos que institucionalizar unha data. Nesta ocasión desde o Gabinete de Saúde Laboral da CIG en Ourense imos facer caso omiso de cifras ou de estadísticas que aportan os nosos gobernantes (se Pepe e Luís mercan un polo, a estadística dirá que os dous comeron a metade, pero é probable que un deles nin o cheirara), xa que 'a realidade non é real'.
O ser humán só lle importa por regra xeral, o próximo, o cercano, 'o que lle toca 'coma se di coloquialmente, por elo quero amosar brevemente o que está acontecer nesta provincia de Ourense, para que deste xeito os lectores poidan extraer as súas propias conclusións. E para elo, o mellor é poñer un exemplo:

Antonia, operaria nunha empresa do polígono de Pereiro de Aguiar, sofre un tirón muscular mentres traballaba. Acude o responsable da empresa para que lle autorice ir a mutua. A empresa denégalle este dereito, e así, nun principio e case nun final, evita ter que pagar a baixa coma a derivada de accidente de traballo. E ao final de ano, cando a empresa faga balance e presente as cifras das baixa laborais, percibirá bonificacións do Estado pola baixa siniestralidade laboral rexistrada.

No caso que lle permitiran acudir a mutua, esta xa se encargará de que se recupere 'en rápido a fin de aforrar cartos, coa complicidade da meirande parte dos médicos que traballan para as mutuas, xa que estes se esquecerán de calquera xuramento hipocrático ou código deontolóxico, o ser súbditos do seu patrón e do capitalismo.

Antonia vese entonces na necesidade de acudir os servizos do Sergas, os cales pagamos todos. Percibirá unha incapacidade temporal por enfermidade común, e lle reclamarán os gastos da atención prestada por non acudir a mutua (ainda por enriba).

Despois, Antonia reclamará en vía administrativa (a meirande parte dos traballadores e traballadoras non o fai, e se o fai, co INSS e as súas inspectoras hemos topado), e en última instancia, verase na tesitura se dar unha volta polo xuzgado ou quedar na casa.

En definitiva, de cada dez casos só cinco reclaman, a catro llo denegan na vía administrativa, e só un esgotará a vía xudicial, previo desembolso económico, e con resultado incerto.

Por certo, xa me esquecía. Que a pobre Antonia despois de traballar 8 horas o día durante 35 anos, non se lle ocorra contraer unha enfermidade profesional, porque pódese atopar cando solicite o seu recoñecemento, que lle pregunten 'se ten viñas'.

En definitiva, todos gañan menos, coma sempre, os nosos e as nosas traballadores e traballadoras.

Te puede interesar
Más en Cartas al director