OS PRINCIPIOS E A MORAL DOS POLÍTICOS

'Eu non necesito principios nin supremacía moral, chégame co que me dan os galegos cos seus votos' (A.N.F.).
Sempre pensei que algo do que tiña que presumir un político era dos seus principios e do seu indiscutible moral. As eleccións xa pasaron, e creo que lle deron a razón ao autor desta frase, que non é outro que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Se analizamos os resultados do Partido Popular ao longo e ancho da xeografía nacional non fai falta ser moi sagaz para comprobar que esta mesma frase poderíaselle aplicar a uns cuantos representantes deste partido.

Supoño que Núñez Feijóo non quixo dicir realmente o que dixo, máis ben creo que o que quería dicir era que unha gran maioría dos galegos votaron ao PP polos principios e a moralidade que pregoan e testemuñan os seus políticos.

Custa crer que os nosos políticos teñan tan pouco en conta o que din, sobre todo se o fan utilizando os votos recibidos. Suponse que llos dan para que xestionen, non no seu propio beneficio senón en prol dos que llos deron, aínda que tamén dos que non llos deron. Porque o beneficio xeral é o de todos. De non ser así está claro que o movemento de Democracia Real Xa, ten cada vez máis sentido, xa que se rebelan contra unha democracia bipartidista na que case todo vale e sustentada polo capitalismo. ¿Por que Obama non puido pór en marcha a Lei de Sanidade que pretendía?

Se queremos que España recupere o seu nivel democrático, os políticos terán que asumir que, cando lles votamos, queremos que gobernen aplicando as súas políticas cara ao interese xeral sen subordinar as súas decisións aos intereses do seu partido, e aos propios e privados.

Te puede interesar
Más en Cartas al director