queremos que nos expropien en verín

Recentemente, aprobouse o Plan de Urbanismo de Verín, o cal afecta a unha finca da miña avoa, na que se proxecta facer un auditorio, e a nós parecenos ben que se faga, pero dun xeito xusto. Prevese que dita finca, a pesar de ter alcantarillado, auga corrente e luz, non é urbanizable, e que tódolos gastos para que o sexa corren a cargo noso. O auditorio estaría rodeado dunhas rúas as cales debemos costear nos, e van tirar ca casa da miña avoa, de 85 anos, á cal lle porían un piso de aluguer que pagaríamos nós. O que nos dan por facer o auditorio é nada, porque é un uso público.
Para aprobar o convenio que modifica o Plan Xeral, o señor alcalde de Verín contou cunha maioria dun 20%, nós nin nos enteramos, e somos afectados en máis do 50%. Os avogados dixéronnos que se trata do poder discrecional do alcalde, que pode facer o que queira. Noutras palabras, pero máis ou menos é iso. E a nós parécenos tamén ben, para iso obtivo o respaldo da maioría.

Os meus avós, para comprar esa finca en Verín venderon todo o que tiñan no seu pobo, ¿por qué agora a temos que dar a cambio de nada, por moito que se trate dun alcalde respaldado por unha maioría? Non é que non queiramos o ben común, non é eso, nós só queremos o que nos pertence, o que vale a finca. Nós só queremos que nos expropien dun xeito digno, por dereito, por xustiza.

Te puede interesar
Más en Cartas al director