Quo vadis, Mr. Wert?

Amosa, vostede, moita verborrea. Mais, ben mirado, as xoias que saen da sua boca, asemellan ser expelidas dende outro buraco da anatomía humán. Agora, cando lle choven as críticas, as movilizacións de todos os estamentos da sociedade educativa (alumnos, profesores, empregados e os pais), vai e bota un disparate escatolóxico. Dí que as protestas niste pais, pola súa reforma da educación, son unha festa de cumpreanos, en comparanza coas que se fan en Chile ou en México. Ademáis de seren imbécil é un pirómano. Ea, máis lume ao fogo.
Descoñezo as reinvidacións dos meus irmáns americanos. Pola contra, penso ca sua reforma non é de recibo. Reduce un 21% o investimento adicado ao ensino, respecto do ano pasado (ainda así recortando, non logra o goberno acortar unha débeda que pasóu niste tempo da sua lexislatura do 69% ao 92% do PIB). Máis alumnos por aula, diste xeito manifesta que o alumno, ademáis de deprender, socializase (amoreados?).

Máis horas lectivas pra os profesores (abandeirando o tópico que traballan pouco gañando tanto). Menos interinos coma menos empregados (outra vez a reducción do gasto público, que tanto fracasa). Menos becas, en progresión aritmética inversa a os escasos recursos cos que contan tantas e tantas familias hoxe en día. Suba das tasas académicas, pra convertiren, coma fai máis de catro décadas, a universidade en coto da élite social (para os fillos dos prominentes, coma diría o Sr. Fraga). Mr. Wert, as protestas, as movilizacións son un direito. Expresan un malestar. De festa de cumpreanos, nada de nada. Deixese de pastéis, frores, confetis, paiasos, coma abondan nos cumpreanos dun fillo de algún que outro compañeiro seu de gabinete. Non disfrace a sua incompetencia cunha incontinencia oral aerofáxica. O tempo da oscuridade, a que nos vimos obrigados a padecer os que hoxe lucimos canas, é un pasado sen retorno.

Fágolle a reflexión que fai Manuel Vicent no seu excelente artigo 'Todos los sueños rotos': 'Estos jóvenes de hoy no han conocido la oscuridad, pero están machacados, tienen el horizonte cerrado'. Pra rematar, lembrando a Manolo do Regal, un consello: non bote os peidos máis altos co cú.

Te puede interesar
Más en Cartas al director