Son folguista, non o podo negar

Fun a bastantes folgas, a pesares de perder cartos. Sobre todo porque as consideraba bastante máis importantes do que son. Neste mundo de crisis actual, no que ir a unha folga supón algo máis que cando eras estudante cando escoitabas: '¡día de folga, non hai cole, festa! ¿Por qué é a folga? non o sei creo que porque retiran Educación Física, eu fágoa igual', debería considerarse algo máis antes de facela.
Entérome a noite do día 8 de maio de que non hai unanimidade nas organizacións sindicais. ¡Patético!, ¿estamos a traballar polos traballadores ou isto que é? A excusa: hai dúas plataformas para a defensa do ensino público, igual que varias plataformas para o galego, etcétera.

Neste intre venme á cabeza aquela famosa frase napoleónica de 'Divide e vencerás', só que con unha pequena diferencia: o inimigo non nos divide, seccionámonos nós. Pola miña parte e da xente que me rodea, póndevos de acordo ou cambiade de sistema á hora de protestar.

A folga semella ser un aspecto arcaico da historia da humanidade que debe evolucionar, senón iredes cada vez menos xente.

Te puede interesar
Más en Cartas al director