SURREALISMO DEMOCRÁTICO

Chegou e pasou o día.
Todo acontece así. Chega e pasa. O bo e o malo. Non hai misterio. Aínda que neste caso o malo segue enraizado na oficialidade. Novamente comezan a frotarse as mans. Despois do funambulismo a altura dos seus zapatos, teñen carta branca para baixar aínda máis o listón. Individuos baixo sospeita que aínda así se recoñecen. As papeletas outórganlles o permiso. O pobo é sabio. E eu parvo. Surrealismo democrático. O esperpento. Votos nulos. En branco. Abstencións. A mentira máis mentirosa. A mentira constituída como razón. O desencanto medra, mais ninguén se dá por aludido. O negocio paga a pena. Séntense grandes. Non teñen límite. Nin fondo. Falan en voz alta para enxordecernos. Os demais falamos en voz baixa. De espiñas e feridas. Do que sementan. Do que nos arrebatan. Somos insignificantes. Non xogamos. Non servimos para nada. Haberá que tomar impulso.

Te puede interesar
Más en Cartas al director