uNHA VENTÁ QUE SE PECHA

Punto e á parte ao que puido ser e non foi. Ímoslle poñer un título: Unha ventá que se pecha. Uns pecháronse no desespero, á falta de ilusión, á falta de recordos, á falta de traballo, á falta de non saber que facer. Outros ao non preocúpeste arranxarémolo. Non o podo aguantar, teño que dicirlles aos uns que se recuperen co que non lles queda, porque senón van rematar mesmo coa súa dignidade. Saúda, sorrí, e chora. Pero non lles deas opcións para que nos sigan gobernando. ¿Cando nos imos decatar de que os temos que cambiar?
Fixácheste como saen nos medios de comunicación. Velos tristes, ou velos fóra do contexto en que os hemos posto. Non, están aí, cada día buscan algún argumento para convencernos de que é o que necesitamos. Esixen notas do 6,5 e resulta que aínda que algúns deles as conseguiron non se sabe de onde lle saíron. ¿Sumaba o inglés que se supón debería ser un idioma que falasen perfectamente? Iso se critica aos que falamos, por nacemento, herdanza e grazas aos que nolo ensinaron, os nosos ascendentes, algún que outro idioma que non é o castelán.

Eles camiñan, saen nos medios de comunicación, e sorrín. Despois pódenche contestar non é o lugar, o momento, o tema, ou simplemente agora non. Unha ventá péchase, abrámola, e reflexionemos polo que debemos loitar. Temos que buscar outros de aquí, que nos axuden a sorrir. Os piares son traballo, xustiza e igualdade.

Te puede interesar
Más en Cartas al director