Xa están listos

Refírome aos avances da democracia, cara aos independentismos. Uns e outros póñennolo doado. Creo que os que pensan que pode ser un camiño, téñeno cada vez máis complicado. Non hai máis que ler as opinións de os expresidentes de goberno socialistas (F. González y R. Zapatero).
F. González: Tiempo y energía. Si España tiene que dedicar ese tiempo a cerrar una herida con Cataluña perderá 'de nuevo tiempo y energía' para recuperarse de la actual crisis económica y ha aprovechado para dejar claro que la recuperación costará 'esfuerzo'. La opinión de González se suma así a la expresada por el también ex presidente socialista José Luis Rodríguez Zapatero, quien en un artículo de opinión publicado en El Mundo asegura que la propuesta de la Generalitat de Cataluña de realizar una consulta soberanista 'no es viable', por lo que apuesta por un gran acuerdo nacional a partir de la propuesta que ha hecho el PSOE de reformar la Constitución para avanzar hacia un Estado federal.

Está claro que non poden deixar de estar onde están. Uns e outros están a defender unha España plural na que eles, xunto co PP, terán os argumentos para gobernar. Tal como sucedeu ata agora.

É evidente que non poden permitirse outras situacións e non as van contemplar como opcións para gobernar. Paréceme un pouco incongruente que F.G. poida manifestar que pechar unha ferida, refírome ao de Cataluña, quítalles tempo e enerxía, supoño que aos políticos, para solucionar a crise económica. Quizais, dende a miña modesta opinión, sería máis congruente, que el e o seu, homólogo no cargo, ex presidente do Goberno J.L.R.Z., dedicase o tempo da conferencia a mellorar o estado de ánimo da xente, con propostas encamiñadas a solucionar precisamente os problemas cos que se encontran os desanimados, polo que uns e outros están a facer. Con todo o respecto que lle teño, Sr. González, avance cara a conceptos que entendan os que por ter non teñen nada. Dediquen o seu tempo a facer propostas que animen a xente, tanto aos independentistas como os que non o son. Todos, agora, necesitamos argumentos para seguir avanzando cara a un futuro mellor. E dende logo, e se supón que tanto saben, axúdennos a mellorar con propostas que nos conduzan cara a un futuro certo, viable e máis xusto. O seu esforzo, enerxía e o seu tempo dedicarano a un ben común.

Te puede interesar
Más en Cartas al director