XORNADA DE REFLEXIÓN

Cumprín.
Mais ao xeito da 'República de Sitio Distinto' imaxinada por Antón Reixa, funme na procura de inspiración cara á Praza Maior, rebautizada polos acampados coma do '15 de Maio'. Abofé, que respirei unha atomósfera limpa, osixenante. Logo, retornei pola Rúa de Lamas Carbajal, ata atoparme co vello amigo Martín. A ocasión prestábase pra lembrar antigas acampadas, probas atléticas diante dos grises. Chegamos á mesma conclusión: ista xeneración téñeno ben complicado. Pra Hessel o seu inimigo era tanxible: o nazi invasor da sua patria gala. Pra nós un inimigo de Ferrol. Dito con acento ibérico: contra Franco viviamos mellor.

Contra quén protesta ista xeneración alporizada? Os partidos políticos? Non. Istos son meras correas de transmisión do omnímodo poder dos mercados financieiros, dos oligopolios transnacionais xurdidos das privatizacións das grandes empresas públicas. Como combatir no acortamento entre salario mísero e beneficio descomunal das grandes empresas? No 2010, as empresas do IBEX-35 gañaron preto de 50.000 millóns de euros, con salarios de altos executivos ou conselleiros das mesmas, acadando os 3,2 millóns anualis de euros. O 82% dos principais accionistas distas empresas, ou istas mesmas, teñen domiciliado o seu patrimonio en paraísos fiscales. Quén é quén de incrementar a demanda reducindo poder adquisitivo, despidos masivos (os neocon chámanlle 'flexibilizar o mercado de traballo')? Nin rastro dunha economía productiva, primándose como se prima a economía especulativa con refuxio nas SICAV ou nas ETVE, ou outro mecanismos da exenieria financieira.

Finalizaba a nosa conversa, cando me confiou que deixaba arripiado o exercicio da mediciña, cando se recortaba o gasto, non somentes o farmacéutico se non nos medios materiais necesarios pra un axeitado coidado clínico. Pola outra banda, dixome que as vacinas da gripe A (comercializadas por laboratorios propiedad dun secretario da administración Bush) que sobraron, seica 4 millóns de unidades, hai que botalas por inservibles. O fabricante admite a devolución, previo pago de 28 millóns de euros, que terían que sufragar as comunidades autónomas. Pra paliar a desfeita, un aventaxado político propuxo venderllas a Exipto! Fermosura de cabrón! Ficamos nun avesporeiro de cabróns. Plaxiando a Celso Emilio: 'Eiquí a miña cabronada acabaría, pero hai un cabrón máis todavía, e é o pobo cabrón! que os soporta'. Da miña colleita: os soporta, os aplaude e os vota.

Te puede interesar
Más en Cartas al director