Antonio Puga: “O concurso 'Juntos brillamos más' é ilusión, e pon a Celanova no mapa"

Entrevista a Antonio Puga Rodríguez, alcalde de Celanova

 A falta de cinco días para que se pechen as votacións da primeira fase de “Juntos brillamos más”, Celanova vive con ilusión a súa participación no concurso para acadar a iluminación de Nadal de Ferrero Rocher.

Como se está a vivir o concurso?

Esta primeira fase das votacións, que remata o día 16, estanse a vivir con moitísima participación, con moitísima ilusión por parte de todos. Con chamadas continuas da xente: que xa votou, que xa lle pediu á familia, aos coñecidos… Esperanzados, xovenes e maiores, en que sexamos un dos municipios que pasemos á segunda fase.

Que supón a participación para o concello?

Para Celanova supón visualización, alegría. Un elemento máis de poñernos, máis se cabe, no mapa. Máis visualización, máis turismo, máis xente no pobo.

Celanova é música, poesía, historia e, segundo o lema escollido por Ferrero Rocher, sabor?

Celanova é sabor tamén, si. E como lle dicía eu aos representantes de Ferrero Rocher, en Celanova houbo tamén uns mestres chocolateiros, unha fábrica de chocolates, e por iso estamos máis que intimamente relacionados.

Como xurdiu a elección de Celanova?

Todos os anos teñen uns criterios, que van cambiando, para elixir aos pobos que van a participar no concurso. Este ano, onde os pobos que participan son similiares en poboación (salvo La Alberca que ten unha poboación moito máis pequena),  a elección de Celanova está intimamente relacionada co mundo da cultura, cos poetas de Celanova, e co todo o que supón a cultura e o turismo de Celanova.

Que tal a experiencia no ‘backstage’?

Lembro que o rodaxe foi un tanto estraño porque nos coincidiu cun día de moita choiva, de frío, o que dificultou a gravación. Pero visto a posteriori, e pensando no Nadal, resultou un día axeitado. Unha rodaxe no que participaron moitísimos veciños e si, tiñamos esa petición de manter a cousa un pouco en silencio e que non transcendera ata a presentación. A gala en Madrid foi moi ben. Os pobos que participan son bonitos, pero Celanova participa neste concurso para gañar, fomos a gañar e imos intentar gañar.

Que lle pediría aos  galegos para que se mobilicen?

Transmitir precisamente iso, que somos a única vila galega que participa. Que seguro que os veciños doutros lados se senten identificados cos seus pobos e para eles son os máis bonitos, pero neste caso trátase de apoiar a Celanova. Apoiar a un pobo galego e  queremos contar con toda Galicia. 

Te puede interesar