Cartelle acolle unha xornada de convivencia dos colexios da zona

O Colexio de Educación Infantil e Primaria San Marcos de Cartelle acolle maña luns o 'II Encontro escolar pola normalización lingüistica nas comarcas de Terras de Celanova e A Baixa Limia'. Cativos do centro, así como compañeiros do Roxelio García Yáñez de Ramirás, Xaquín Lourenzo e o Instituto Aquis Querquernis de Bande compartirán unha xornada de convivencia.
Resentacións teatrais, actuacións musicais e sesións de contacontos protagonizadas polos alumnos, combinadas cos xogos populares tradicionais da Asociación Xaquín Lourenzo son algunhas das actividades previstas pola organización, composta pola coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova e A Baixa Limia.

Te puede interesar