SÁBADO DE PIÑATA
Galería | Celanova reúne 32 comparsas en su Piñata
vivienda
O Concello de Cartelle vén de pór en marcha o programa "Vivendas baleiras" co obxectivo de destinar unha serie de casas para ofrecer en réxime de alugueiro social destinadas a familias con poucos recursos. Tanto os interesados en optar a unha destas vivendas como os propietarios que desexen poñer a disposición deste programa os seus inmobles, deberán cumprir unha serie de condicións que xa poden consultarse na páxina web do propio Concello. No caso das vivendas, estas deben estar libres e non contar con ningún tipo de carga que impida o seu arrendamento, así como reunir as características básicas de habitabilidade. O prezo do aluguer das vivendas incorporadas a esta iniciativa non poderá ser superior a 250 euros para unha vivenda tipo de 90 metros cadrados.
Paralelamente, os interesados en arrendar unha destas casas deberán achegar información que acredite que o núcleo familiar conta cun baixo nivel de ingresos e ningún dos membros poderá ser titular dunha propiedade que se atope nas condicións de habitabilidade necesarias.
As familias afectadas por deshaucios, monoparentais ou numerosas considéranse prioritarias á hora de acceder ó programa "Vivendas baleiras". O municipio adhírese deste xeito á iniciativa de alugueiros sociais amparada polo convenio asinado entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e a Fegamp.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SÁBADO DE PIÑATA
Galería | Celanova reúne 32 comparsas en su Piñata
PROGRAMA A MAIORES
Celanova impulsa la inclusión digital de sus mayores
MÚSICA EN DIRECTO
Lembranza Solpor fue fiel a su cita con Celanova
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede