MÚSICA EN DIRECTO
Lembranza Solpor fue fiel a su cita con Celanova
CELANOVA
Adoitamos referirnos á pedra como símbolo de dureza, coma o elemento que define a fortaleza. Pero se hai algo que poida ganarlle a batalla é o paso do tempo, que non perdoa nin ó máis incorruptible dos materiais. Nin sequera un icono da relixión católica como é a Catedral de Santiago está libre diso, algo do que dan boa conta os milleiros de peregrinos que cada ano pasan por ela e que dende hai un tempo teñen que conformarse con observala entre andamios.
Pero son moitos os artistas da pedra que traballan en devolverlle o seu resplandor natural e un deles está no concello da Merca. Diego Currás, que entre os veciños é coñecido coma "O Rixón", leva algo máis dun ano adicado a restaurar diferentes pezas dun dos templos cristianos de referencia. E non é pequena a súa encomenda, pois del depende a volta á fachada duns pequenos elementos moi simbólicos. Os pináculos son elementos decorativos característicos da arte gótica, de forma cónica e rematados, no caso de Santiago, por un crucifixo de ferro.
Ese imparable paso dos anos, axudado polas famosas condicións meteorolóxicas da capital galega, acabaron por estropear a pedra ata o punto de facer necesaria a súa sustitución, posto que reparalas xa non era posible, segundo explica o propio Diego Currás. En total, no seu taller refarán nove destas pezas, se ben agora mesmo traballan arreo en dúas que instalarán na Catedral na próxima semana. Non son os primeiros pináculos que voltan á vida na Merca, pero estes son os que asoman cara a Praza do Obradoiro.
Diego Currás e o seu equipo chegaron a traballar en Santiago da man doutros canteiros que xa formaban parte das restauracións. Foi o seu bo facer o que os levou a recuperar pezas tan importantes para a vida do templo como as escaleiras que levan ata o cimborrio. A magnitude da operación lémbraa o artista nas "11 caras e 600 kilogramos" que compoñían a obra. Para el, que leva unha década dedicado á pedra, resulta satisfactorio poder formar parte destas actuacións, coas que se pretende recuperar a esencia dun edificio que preside case toda Galicia dende hai máis de 800 anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÚSICA EN DIRECTO
Lembranza Solpor fue fiel a su cita con Celanova
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último
OPERACIÓN MILITAR LANZA SUR
Vídeo | Estados Unidos intercepta en el Caribe un sexto petrolero con crudo venezolano
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, jueves, 15 de enero