ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
O Festival Internacional Rebulir 2023 (FIR 2023) celebrou a súa gala central no polideportivo do Picouto, sendo un dos certames referentes da cultura galega e tamén unha ventá aberta ás diferentes culturas do mundo.
Despois das dúas primeiras xornadas de actividades paralelas, a gala foi o prato forte dun festival que tivo máis presenza que nunca nas rúas da comarca de Celanova e tamén na cidade de Ourense. O festival das culturas do mundo celebrouse con máis de 700 asistentes á gala, que foi conducida polos artistas Caldas e Mancho.
Despois de proxectar o vídeo promocional do Concello de Ramirás comezaron as actuacións dos grupos Coros y Danzas El Miajón (Extremadura), Rancho Folclórico do Cartaxo (Portugal), Caporales San Simón Usa (Bolivia) e Mbolo Mooye Doole (Senegal); e do grupo anfitrión Rebulir e a Banda de Música de Ramirás, que por primera vez fixeron un espectáculo xuntos.
O folclore intercultural tivo protagonismo neste evento no que a Xunta de Galicia e o Concello de Ramirás quixeron ter unha lembranza especial aos migrantes galegos en Suiza e recoñecer o seu labor como transmisores da cultura galega lonxe do seu fogar. Purificación Blanco e Jesús Lorenzo, representantes dos emigrantes en Suíza, recolleron o premio de mans de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración.
Tamén foron entregados os Premios Rebulir da Cultura Galega 2023, cun dos momentos álxidos como foi a entrega por parte de Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense, do Premio Artes Escénicas ao actor Luís Zahera pola súa traxectoria profesional no cinema galego e nacional, que mostrou o seu agradecemento a través dun vídeo. O Premio Música Galega foi para o grupo Xurxo Fernandes, que entregou o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. Por último, Luis Menor, presidente a Deputación de Ourense, entregou o Premio Homenaxe, ao programa da Radio Galega, “Lume na Palleira”.
A organización do festival deu as grazas a tódolos colaboradores e patrocinadores e polo apoio institucional das administración públicas. Así mesmo o director artístico do FIR, Alexandre Sotelino, fixo mención ao Parlamento de Galicia; Consellería de Cultura, Educación e Universidade; Secretaría xeral de Cultura; Secretaría xeral de Emigración; Secretaría xeral de Política Lingüística; Dirección xeral de Participación, Voluntariado e Xuventude; Deputación de Ourense; INORDE; Concello de Ramirás; Concello de Celanova e ás Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, entre outros.
Dese xeito, baixou o telón o FIR 2023, que celebrou a súa maioría de idade no panorama cultural galego, buscando o que une ás diferentes culturas do mundo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CONCENTRACIÓN VECINAL
Mil firmas buscan soluciones en la avenida de Portugal
ELECCIONES ANTICIPADAS
Juanma Moreno convoca elecciones autonómicas en Andalucía el domingo 17 de mayo
A LAS 2:00 SON LAS 3:00
❌ ✅ Encuesta | ¿Considera necesario el cambio al horario de verano?