CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
As visitas dos escolares galegos é un dos leitmotiv da Fundación Curros Enríquez que, dende a apertura da Casa dos Poetas alá polo ano 2006, trata de cumprir o obxectivo marcado desde o padroado celanovés de que ningún galego complete a súa etapa educativa sen visitar Celanova. A día de hoxe, segundo os datos da fundación celanovesa, un total de 258 centros de ensino galegos, un 24% dos preto dos 1.100 existentes entre colexios de Educación Infantil e Primaria e Institutos, participaron nalgunha ocasión nos programas que organizan dende Celanova ao redor das figuras dos autores locais, da historia de Galicia e do ciclo de concertos didácticos de órgano. “Aínda que a maioría repiten convertendo a saída a Celanova nun clásico da primavera”, coinciden docentes e responsables locais.
Unha trintena de centros, exactamente 35, acumulan entre 5 e 9 visitas e 12 centros de ensino conmemoraron xa o seu décimo aniversario. “Ao cumprir cinco anos de visitas, entregámoslles un diploma de agradecemento e, aos que chegan aos dez…. unha torta de chocolate”, explicaba Paula Conde, responsable da Casa dos Poetas, portando na man o biscoito coa imaxe do autor de Aires da Miña Terra que onte degustaron mozos e mozas da Baixa Limia. “Nin sequera nós o sabiamos. Como sempre estamos por aquí, non sabia que era ou décimo aniversario”, recoñecía a vicedirectora Isabel Suárez, moi agradecida co xesto, ao tempo que puxo o foco no “completo” do programa escolar que ofrece a fundación, vinculando a literatura galega coas súas grandes figuras como Curros e Celso Emilio, coa historia de Galicia a través do Mosteiro de San Salvador e da música, cun ciclo de concertos didácticos de órgano que se retomaban neste mes. “Estamos moi cerca e moi vinculados a Celanova, e a oferta de Celanova é fantástica. Os nosos alumnos sempre din: ‘Ah, Celanova xa a coñecemos’, por vir as feiras e as festas, pero non así: teñen que coñecer tamén a parte cultural”, subliñaban desde o centro educativo rural onde cursan os seus estudos de secundaria e bacharelato uns 90 alumnos da Baixa Limia.
Á saída da Casa dos Poetas, os banduenses coincidían na porta cos seus homólogos do IES Val Miñor de Nigrán que en 2024 conmemoran as súas Vodas de Cristal con Celanova e a Casa dos Poetas. “Esta é a visita 14, e o ano que ven será a 15. A primeira vez que a fixen pareceume moi interesante porque combinaba literatura, historia, xeografía, … É unha visita extraordinaria e interdisciplinar que, ao ir incluíndo cambios e incorporacións -como o concerto de órgano-,... Non nos cansamos de facer esta viaxe”, comentaba Teresa Grande, profesora de Lingua Galega e literatura no IES de Nigrán.
O alumnado que onte participou non programa, compartía as palabras das docentes e iso que aínda non había completado a visita á vila. “Sempre volven encantados. Comentan que é unha das mellores excursións”, asegurou Grande.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último