CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
Catro compañías internacionais e tres galegas, incluido o grupo anfitrión, mostrarán o seu folclore no Festival Internacional Rebulir, que dende onte e ata o domingo 18 converterá a Ramirás no epicentro da cultura de raíz. A gala central de mañá sábado, ás 19,00 horas, no polideportivo de “O Picouto”, estará conducida por Rubén Riós e Patricia F Santana, e nela, ademáis das actuacións dos grupos, Alba Faro e Álvaro Pérez farán unha homenaxe aos premiados na categoría de música, Fuxan os Ventos, que finalmente, tamén tocarán no evento central. Xosé Méndez Ferrín (Premio Homenaxe) e Celso F. Sanmartín (Artes Escénicas) serán os outros dous premiados da edición, no que se fará un recoñecemento a comunidade emigrante por parte do Concello e o Consello da Cultura Galega.
A Asociación Cultural Rebulir presentou onte unha nova edición, a número 17, que 2022 rompe récords trala pandemia: máis actividades paralelas, máis artistas e máis público. “Rachamos récord en número de artistas e en número de asistentes á gala, con máis de 700 entre artistas e público; en número de organizadores e tamén co número de actividades paralelas dentro da comarca e na capital ourensá, que foron un éxito e teñen todas as prazas cubertas”, dixo o director do festival, Alexandre Sotelino, que estivo acompañado polo vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel; o delegado territorial, Gabriel Alén, e a alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil.
A programación, que xa arrancou pola tarde no Espazo Xove, continuará hoxe en Ramirás con espectáculos no colexio e na residencia e, pola noite, foliada itinerante en Celanova e Ramirás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 23 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 23 de diciembre, en Ourense
CONSULTA EL DOCUMENTO
Hacienda congela, otra vez, los fondos al Concello de Ourense