Galiza Nova renova os órganos de dirección na comarca

A celanovesa Lucía Martínez foi nomeada nova responsábel comarcal de Galiza Nova nas terras de Celanova e A Baixa Limia. Na asamblea de militantes, caracterizada polo consenso entre os seus membros, tamén se elexiu a Floriano Reinoso Santos como novo responsábel local da vila de San Rosendo.
A asamblea de militantes de Galiza Nova de Terra de Celanova e A Baixa Limia acaba de concluir o proceso de renovación dos seus órganos de dirección coa elección da nova responsábel subcomarcal. A asamblea contou coa participación dunha decena de militantes, onde existiu en todo momento o máximo consenso e polo tanto unha única candidatura encabezada por Lucía Martínez González. A xoven oriunda de Freixo (Concello de Celanova) estará acompañada por Uxía Vázquez e polo novo responsable local de Galiza nova na localidade de Celanova, Floriano Reinoso. Ambos manifestaron que ‘a primeira decisión que debemos tomar é a de constitución como comarca propia ao igual que os nosos compañeiros do BNG, decisión que proporcionará ter a capacidade de artellar unha dinámica propia centrada nos problemas da xuventude na nosa comarca’.

O proceso, que iniciouse tras a Asamblea Nacional celebrada en Santiago de Compostela, completarase coa elección dos órganos de dirección de cada unha das localidades que conforman esta subcomarca.


Te puede interesar