NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
O GDR Limia-Arnoia organiza este luns unha mesa sectorial que contribuirá a definir a estratexia para o reparto dos fondos Leader no período 2023-2027. Esta iniciativa permitirá coñecer as inquedanzas, opinións e propostas dos sectores máis relevantes do territorio no que actúa este grupo de desenvolvemento rural.
A cita será na Casa Vella de Allariz e leva por título “Muller e cambio no rural”, na que participarán os membros do GDR e un pequeno e diverso grupo de mulleres que pertencen a diferentes áreas de traballo e que “xogan un papel moi importante dentro da transformación do rural”, remarcan no Limia-Arnoia.
Este é o segundo encontro que os membros do GDR Limia-Arnoia manterán con este grupo de mulleres despois de que a principios de maio mantiveran unha xuntanza na que expuxeron as problemáticas e as necesidades coas que se atopan no seu día a día. “O obxectivo do encontro do luns é que cada participante sinale unha breve relación de problemas e necesidades cos que se atopan, así como unha proposta de actuacións”, sinalan dende o grupo de desenvolvemento, os que estudarán así como mellorar as oportunidades de desenvolvemento no territorio para este sector da poboación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Segundo Caride, o “King-Kong” ourensán
"REACCIÓN" DE LA ROJA
Luis de la Fuente, seleccionador de España: “Hemos corregido y recuperado sensaciones”
MÁS DE 260 PARTICIPANTES
La Chandrexa Trail puede con todo
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
Cómo reclamar facturas impagadas