Moreiras expón a súa faceta máis divulgativa
A Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova e a Deputación de Ourense, acolle esta tarde ás 20,00 horas, a inauguración da mostra “Carteis cartazes affiches” de Baldomero Moreiras, comisariada pola consultora de arte ourensana Olga Pastor Alvarado. Un acto onde no faltará a música e que incluirá a presentación dun libro monográfico do artista, con textos de Xosé Poldras, Olga Pastor e Isidora Gil. Editado por Frenética Lab e a fundación celanovesa, a obra contén explicacións da técnica do cartel, da vida e obra de Moreiras e da importancia da educación no mundo das artes, ademáis de reproducións de varias obras.
En “Carteis cartazes affiches”, o artista celanovés achega una selección dos seus traballos en torno ao mundo do cartel conmemorativo e divulgativo, con traballos realizados coa técnica do collage artesanal. Nas paredes da casa natal de Curros Enríquez, veciños e visitantes poderán ver ata o 28 de setembro carteis de temática variada, dende festas e eventos recoñecidos da provincia, ata cartelería comercial, estampas de paisaxe de vilas e cidades, retratos de personaxes ilustres e incluso reivindicacións políticas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CASA DE BAÑOS
La okupación en Ourense que el Concello no ve
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR