ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
GALARDÓN
O Hotel Acouga Boutique e a Fundación Curros Enríquez de Celanova daban a coñecer onte o nome da persoa gañadora da primeira edición do Premio de Poesía Acouga Casa dos Poetas e que desfrutará dunha viaxe para dúas persoas a Riviera Maya. Trátase da poeta sarriá Naila María González, recentemente distinguida co Francisco Añón, autora do traballo “A anarquía das pálpebras”.
O xurado, confirmado por Baldo Ramos, Chema Paz Gago, María Xosé Porteiro e Felipe Ferreiro, que actuou como secretario con voz pero sen voto, destacou o poemario “de voz transparente e asequible, que atopa os motivos literarios no amor e na vida cotiá, escrita cunha lingua desenfadada, pero tratada con elegancia, e un ritmo traballado que abeira cada poema ao mundo da música pop e á poesía da experiencia”.
Unha ducia de traballos se presentaron ao certame, que xurde coa vocación de colaborar na consolidación de Celanova como unha das principais vilas literarias de Galicia, que concedeu sendos accésits á poeta de Xunqueira de Ambía Rochi Novoa e a María Rodríguez, da Pobra do Caramiñal.
O acto de entrega do premio será o 14 de setembro, véspera do aniversario de Manuel Curros Enríquez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO
A Valenzá se llena de cientos de corredores por la III Carreira pola Igualdade en Barbadás
DERROTA EN SEMIFINALES
Alcaraz, sorprendido por Medvedev en Indian Wells: "Nunca le había visto jugar así"