Programa de Festas de San Roque en Celanova: orquestas de renombre como El Combo Dominicano

Ritmos latinos para animar la jornada de fiesta. 
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Ritmos latinos para animar la jornada de fiesta. Foto: Xesús Fariñas
Cinco días será o que duren as Festas de San Roque en Celanova, con moitas actuacións musicais como a de El Combo Dominicano para o desfrute de todos os veciños da vila 

O Concello de Celanova celebrará as súas festas patronais en honra a San Roque

As festas de San Roque do Concello de Celanova preséntanse iste ano con moitas gañas despois do fin de semana pasado, que foi as grandes festas da Ramallosa.

Veciños e visitantes poderán gozar ao longo destas xornadas cos actos programados para a ocasión, onde non faltarán a celebración de grandes verbenas amenizadas por orquestras do momento.

A semana pasada as festas da Ramallosa foron un éxito para a localidade xa que tiveron a miles de persoas na vila durante toda a fin de semana. A noite do sábado, ca tradicional celebración dos farolillos foi onde máis xente acolleu o concello de Celanova.

Esta fin de semana comezan as festas en honra ao patrón da vila, San Roque. Unha tradición de moitos anos de historia que segue celebrándose a segunda fin de semana de agosto de cada ano.

Cinco días será o que dure iste festexo, con moitas actuacións musicais para o desfrute de todos os veciños da vila de Celanova. Orquestras de renome virán o pobo para poder divertir a xente de todas as idades.

Domingo 13

O primer día de festa en honra a San Roque, que se celebrará no concello de Celanova, dará inicio entrada a noite na praza Maior coa verbena a cargo da orquestra Olympus.

Luns 14

Na segunda xornada festiva os asistentes poderán gozar dos pasarúas a partir das 10,00 horas coa Banda Municipal de Celanova, que ofrecerá un concerto ás 20,00 horas. Pola noite a verbena estará amenizada pola orquestra Alabama e o trío Xtra.

Martes 15

A xornada estará amenizada pola orquestra Kubo e o trío Café Olé.

Mércores 16

A Banda de Gaitas do Concello de Celanova será a encargada de animar o pasarúas. Ás 22,00 horas terá lugar o concerto de Big Band BNMC e a continuación dará inicio a verbena con orquéstraa Costa Branca e o trío Elite. 

Xoves 17

Finalizan as festas cunha gran verbena coa orquestra El Combo Dominicano e o trío Vaivén. Os actos relixiosos terán lugar no horario de costume. A xente da vila poderá desfrutar das actuacións musicais e do ambiente de festa que vivirá o concello de Celanova duarente as festas en honra a San Roque.

Te puede interesar