O roteiro 'Vieiros da memoria' de Luis Soto chega o próximo sábado ao Picouto

O municipio de Ramirás fará público este fin de semana a súa participación no roteiro 'Vieiros da memoria' posto en marcha pola Fundación Lois Peña Novo e o colectivo Galegizar Galiza para lembar a figura de Luis Soto Fernández (1902-1981) naqueles concellos de Ourense, Pontevedra e Portugal nos que deixou a súa pegada. Mestre e galeguista oriundo de Vilanova dos Infantes (Celanova), Soto foi un firme defensor dos valores demográficos, nacionais e socias de Galicia.
A vila de San Rosendo foi a encargada de inaugurar o calendario de actos coa designación do 'Camiño Luis Soto' á estrada de Vilanova e un homenaxe na torre do burgo medieval o pasado mes de outubro. A Bola e Muíños e tamén formalizaron públicamente a súa 'pertenza' ao roteiro 'Vieiros da Memoria' coa colocación de sendas placas conmemorativas e, o vindeiro sábado será o turno de Ramirás.

O centro social do Picouto acollerá as 18,00 horas o descubrimento da placa e unha mesa redonda na que participarán Pilar López (alcaldesa), Sara Fernández (sobriña), Xosé Manuel Cid (profesor da Universidade de Vigo), Xurxo Martínez (biógrafo de Soto) e Xosé González (presidente da Fundación Lois Peña Novo). Calvos de Randín, Castrelo de Miño, Lobios, Ourense, Mondariz (Pontevedra) e Montalegre (Portugal) completarán nos vindeiros meses as homenaxes ao galeguista.

Te puede interesar