ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
"COLAPSO DE TRABALLO"
O incremento do persoal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Celanova centra o escrito presentado pola CIG na sala de goberno da Dirección xeral de Xustiza. O sindicato considera que, no xulgado celanovés, estase a producir un “colapso de traballo” tendo en conta as materias que abarca e a plantilla actual que, xa nunha inspección no 2022, concluía que “efectivamente necesitaban un reforzo, pola carga de traballo que arrastraban”, subliña o sindicato que cifrou en 610 os expedientes sen resolver referentes á ‘Memoria Histórica’ do Rexistro Civil.
A CIG solicita, de maneira urxente, dous reforzos para auxilio procesual e outro de tramitación procesual, se ven apoiaban que se equipare a plantilla actual composta por cinco funcionarios ao cadro persoal tipo dos xulgados mixtos da provincia (oito).
Dende a Xunta de Galicia, fontes de Presidencia sinalaban que o cadro de persoal “é completa e axeitada ao volume de traballo existente” e que, segundo as estatísticas, “este xulgado non rexistra retrasos nas tramitacións” e, no Rexistro Civil, “non se aprecia un aumento no número de expedientes de nacionalidade, matrimonios, nacementos ou defuncións”. Na vindeira implantación da aplicación DICIREG “valorarase a necesidade de reforzo temporal para facilitar a adaptación ao novo sistema”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
EVACUACIÓN MILITAR ESPAÑOLA
Llegan a España más de 200 militares evacuados de Irak por la guerra en Irán